miércoles, 1 de abril de 2020

RECORDAMOS CONTOS

Hoxe vamos animarnos, e xa que o vindeiro venres non podemos levar o libro da biblioteca, lembraremos algúns dos xa lidos.
O conto sobre o que traballaremos esta semana é Frederick. Todos e todas coñecedes a historia, pero se non vos lembrades podedes escoitala neste audiolibro:


Este mes que acaba de rematar foi o mes da poesía, na biblioteca íamos facer actividades relacionadas coa poesía. 
Como non foi posible, e como xa sabedes que Frederick era un poeta; imos tamén a converternos en poetas.
Cada un/unha de vós escribirá un poema, dúas líneas (se queredes, máis) como xa fixemos na clase, rimas, lembrades?
Poden ser sobre a primavera, a amizade, os ratiños, as cores, as flores ou calquera outra temática que se trate no conto.
Tamén podedes ilustralo. Ánimo que seguro que sae moi chulo!!! Podedes enviar fotos dos traballiños como xa estades facendo!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario